• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago impulsa o Plan de Acción para a Economía Social e reivindica un modelo produtivo máis igualitario e sostible

Este plan aposta pola economía social como motor do desenvolvemento económico inclusivo, xerador de emprego de calidade e ferramenta para transformar a realidade urbana. A cidade conta cun tecido consolidado de entidades —cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción— que teñen demostrado a súa capacidade para xerar traballo digno, tecer redes solidarias e contribuír ao benestar da comunidade, especialmente en contextos de crise.

Ábrese o prazo de inscrición de proxectos para participar na IV Maker Faire Galicia

A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc. Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.