A Cámara de Santiago organizará este ano 14 misións comerciais e asistencia a feiras internacionais
A Cámara de Santiago ofrece este ano ás empresas once misións comerciais. No mes de marzo organizaranse dúas misións, a Alemaña sobre o aluminio e aos Países Baixos sobre o sector biotecnolóxico. Para abril programouse unha misión plurisectorial a Emiratos Árabes Unidos e Omán, e outra plurisectorial a Perú e Chile. En maio, as empresas terán a posibilidade de participar nunha misión directa plurisectorial a Arxentina e Uruguai, ademais de viaxar as empresas do sector da madeira a Francia.