• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Irena confirma que o crecemento das renovables no mundo é imparable

Estes últimos datos confirman que a transición enerxética mundial continúa avanzando a un ritmo acelerado, grazas á rápida caída dos prezos, as melloras tecnolóxicas e unha contorna política cada vez máis favorable. A pesar desta clara evidencia de fortaleza en canto a xeración de enerxía, unha transformación enerxética completa vai máis aló da electricidade e debe incluír os sectores de uso final de calefacción, refrixeración e transporte, onde hai unha oportunidade substancial para o crecemento das enerxías renovables.

A enerxía solar sen conexión a rede avanza a todo ritmo no mundo

O informe indica que o mercado destes dispositivos é cada vez máis dinámico. Estima que desde 2010 vendéronse 130 millóns de dispositivos solares sen conexión a rede en todo o mundo, que van desde pequenas lanternas portátiles ata sistemas domésticos de máis de 100 watts, capaces de alimentar televisores, ventiladores e outros aparellos. As vendas realizáronse en máis dun centenar de países e levaron por primeira vez iluminación e electricidade a parte dos 2.200 millóns de persoas que aínda carecen de conexión a rede ou de electricidade fiable no mundo.

Os custos da enerxía solar diminuirán á metade para o 2020

O informe tamén destaca que os custos da enerxía solar fotovoltaica reduciranse á metade en 2020. Dentro dos próximos dous anos, os mellores proxectos de enerxía eólica terrestre e de solar fotovoltaica poderían producir electricidade a 0,03 $ por quilowatio-hora (kWh) ou menos dentro dos próximos dous anos. O rango de custos actual para a xeración de enerxía con combustibles fósiles oscila entre 0,05-0,17$ por kWh.