Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
O vindeiro martes, 30 de maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza nas súas instalacións en FORMATO PRESENCIAL a xornada GRATUÍTA:
"Leva a cabo a túa primeira impresión 3D"
Neste obradoiro práctico, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer e experimentar con diferentes tipos de impresoras 3D e materiais de impresión.