• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

Data de escritura

Leva a cabo a túa primeira impresión 3D

Aprende a deseñar e fabricar con diferentes materiais e impresoras 3D de forma práctica
 

Coworking Compostel@ dixital

O vindeiro martes, 30 de maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza nas súas instalacións en FORMATO PRESENCIAL  a xornada GRATUÍTA:
 

"Leva a cabo a túa primeira impresión 3D"


Neste obradoiro práctico, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer e experimentar con diferentes tipos de impresoras 3D e materiais de impresión. 

A través dunha demostración guiada, aprenderán o proceso completo de deseño e fabricación dunha peza utilizando equipos de impresión 3D.

Ademáis, analizaranse as posibles aplicacións desta tecnoloxía en distintos sectores, achegando unha visión completa das oportunidades que esta tecnoloxía pode ofrecer aos seus negocios ou proxectos persoais.

Inscríbete!

Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.

Proxecto Coworking Dixital "CCompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER, que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª: Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas,  e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros e nun 20% pola Excelentísima Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021