Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Neste obradoiro práctico traballarase para dar forma á idea empresarial a través de áreas clave do negocio: segmentos de mercado, proposta de valor diferencial, canles de distribución, relacións cos clientes, fontes de ingresos, recursos, socios, actividades clave e estrutura de custos. Na sesión utilizarase o Business Model Canvas, unha ferramenta visual que fomenta a innovación á vez que potencia a creatividade e a análise do modelo de negocio.