• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

Data de escritura

HOXE, día 16 de maio, de 15:30-18:30h, na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, habrá unha xornada gratuita presencial sobre "O modelo de negocio no emprendemento dixital"

O modelo de negocio no emprendemento dixital

Neste obradoiro práctico  traballarase para dar forma á idea empresarial a través de áreas clave do negocio: segmentos de mercado, proposta de valor diferencial, canles de distribución, relacións cos clientes, fontes de ingresos, recursos, socios, actividades clave e estrutura de custos. Na  sesión utilizarase o Business Model Canvas, unha ferramenta visual que fomenta a innovación á vez que potencia a creatividade e a análise do modelo de negocio. 

As persoas participantes aprenderán de forma práctica e detallada os elementos que compoñen o lenzo do modelo de negocio, exemplos de uso e a  aplicación ao seu propio proxecto dende a perspectiva da dixitalización.

Se tes unha idea de negocio ou queres lanzar un novo proxecto, este obradoiro é para ti

Inscríbete!

Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.

Proxecto Coworking Dixital "CCompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER, que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª: Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas,  e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros e nun 20% pola Excelentísima Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021