Deputación da Coruña. Plan de Emprego Local. Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO 2025)
Desde o ano 2016 os Premios PEL distinguen, dan visibilidade e poñen en valor aquelas iniciativas empresariais que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico e deixen a súa pegada no territorio.
Considerado como un dos premios de maior dotación económica, recoñecen ás mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.