• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Spin UP permite crear 29 empresas relacionadas coa saúde, a alimentación, o turismo, a educación e a Industria 4.0

No marco da xornada de peche de Spin UP que se celebrou na Área Empresarial do Tambre, o alcalde de Santiago destacou que "o proxecto Sionlla BioTech é a aposta estratéxica para a nosa cidade e tamén para Galicia", e recordou que "a nosa capacidade investigadora ten recoñecemento a nivel internacional, o obxectivo agora é convertela en industria, polo que temos que dar o salto á creación de empresas; ten que ser o elemento para a dinamización da economía".