• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada PLANT BASED - ALIMENTOS E BEBIDAS DE BASE VEXETAL PERSPECTIVAS, E REGULACIÓN?

Por que é importante? Nun contexto no que cada vez máis persoas consumidoras optan por alternativas vexetais, a xornada "Plant Based: Perspectivas e Regulación" abordará a necesidade de normativas claras que garantan a transparencia na etiquetaxe e na distribución destes produtos, co obxectivo de protexer os dereitos das persoas consumidoras e asegurar información adecuada.

Este evento é unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o crecemento do sector vexetal e as súas implicacións normativas. 

Santiago acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos

A nosa cidade está á vangarda no deseño das cidades e dos bosques urbanos do futuro, e con ese propósito o Concello de Santiago, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela), organiza estas xornadas sobre a Innovación en Bosques Urbanos, que pretenden ser unha reflexión sobre a planificación das cidades, con especial énfase nos bosques urbanos como elementos vertebradores e de saúde da infraestrutura verde urbana e periurbana.