PLANT BASED - ALIMENTOS E BEBIDAS DE BASE VEXETAL PERSPECTIVAS, E REGULACIÓN?
O vindeiro 5 de novembro, Vigo acollerá unha xornada clave sobre os produtos de base vexetal, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). O encontro terá lugar no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e analizará o impacto deste sector en crecemento, co foco na etiquetaxe, innovación e sustentabilidade.
Por que é importante? Nun contexto no que cada vez máis persoas consumidoras optan por alternativas vexetais, a xornada "Plant Based: Perspectivas e Regulación" abordará a necesidade de normativas claras que garantan a transparencia na etiquetaxe e na distribución destes produtos, co obxectivo de protexer os dereitos das persoas consumidoras e asegurar información adecuada.
Este evento é unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o crecemento do sector vexetal e as súas implicacións normativas.
A xornada conta co apoio da Xunta de Galicia, CONXEMAR, o CETMAR e ConsumES.