• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de axudas á apicultura

A orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.

a) Liña A. Prestar información e asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores.

1º. Contratación de técnicos e especialistas en apicultura para a información e asistencia técnica aos apicultores das agrupacións apícolas na sanidade apícola, loita contra agresores da colmea, así como o asesoramento global na produción.
Poderá subvencionarse a contratación dun máximo de dous técnicos por asociación, sendo necesariamente o primeiro deles un licenciado en veterinaria.
A axuda para a contratación de técnico veterinario poderá ser de ata o 90 % do seu custo, cunha limitación de 27.000 euros, e non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente agrupación.
A axuda para a contratación doutros técnicos titulados poderá ser de ata o 70 % do seu custo, cunha limitación de 21.000 euros, e non poderá ser superior ao valor de 0,5 euros por colmea rexistrada na correspondente agrupación.
En todo caso, o importe máximo da axuda nesta liña por agrupación non superará os 48.000 euros.
2º. Organización e celebración de cursos e xornadas de formación de apicultores, formación continuada dos técnicos e especialistas das agrupacións e asociacións de apicultores. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.
3º. Sistemas de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.

b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroase.
1º. Adquisición de tratamentos quimioterápicos e/ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 4 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
2º. Sobrealimentación das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo co límite de 2 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda establecida na liña B.1º anterior.
3º. Renovación e purificación de cera. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo, co límite de 6 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda establecida na liña B.1º.

c) Liña C. Racionalización da transhumancia.
1º. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para obter meles monoflorais, sistemas móbiles de extracción de mel e outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, con excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionar ata o 70 % do seu custo.
2º. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización integrados nos cadros das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.
3º. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas. Serán subvencionables soportes para illar colmeas, traballos e utensilios de roza, peches portátiles para a protección dos asentamentos fronte a depredadores e aqueles outros que a xuízo do órgano xestor sexan compatibles con esta liña. Non será subvencionable a realización de traballos con maquinaria pesada para o movemento de terras. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.
4º. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas, sempre que as pólizas non cubran garantías xa incluídas no sistema de seguros agrarios combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo cun límite de 0,5 € por colmea asegurada.

d) Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas españois.
1º. Cría de raíñas de razas autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para atender as solicitudes da medida anterior.
2º. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Para os 2 casos, poderá subvencionarse ata o 50 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 € por colmea.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Requisitos

Artigo 3 das bases reguladoras