• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade

A sociedade rede do século XXI vive un proceso de rápida transformación da man das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que propiciaron a automatización de moitos procesos nas dúas últimas décadas e que hoxe, da man da denominada automatización intelixente, anuncian unha etapa que algúns bautizaron como a cuarta revolución industrial. Trátase dun proceso en marcha do que só coñecemos o punto de partida. Neste escenario, o manexo de datos masivos (o denominado big data) resulta central para calquera actuación no campo cultural, onde a dimensión dixital cobra cada día máis protagonismo.

O Big Data non só mudou o acceso á cultura, senón que está transformando moitas das dinámicas culturais das sociedades actuais. Nesta xornada, que se celebrará o 15 de marzo no Consello da Cultura Galega en Santiago, preténdese ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos. 

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesión.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición