• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de Informática básica

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Santiago de Compostela, un Programa Formativo de INFORMÁTICA BASICA, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, que presenten algún tipo de discapacidade.

Trátase dun programa formativo que capacita no manexo das ferramentas básicas do ordenador e doutros programas de xestión. Consta de 80 horas lectivas, que se distribuirán en 48 horas de prácticas, 28 horas de coñecementos profesionais  e 4 horas de avaliación. Conta con 15 prazas e é totalmente gratuito.

CONTIDOS
-        MÓDULO 1: Windows XP. (Duración 16 h.)
-        MÓDULO 2: Internet. (Duración 16 h.)
-        MÓDULO 3: Word 2007 (Duración 44h.)
-        MÓDULO 4: Técnicas de busca de emprego (Duración 4 h.)

DATAS: Do 27 de setembro ao 26 de outubro.
HORARIO: De luns a venres, de 17:00 h. a 21:00 h.
LUGAR: Santiagode Compostela. Rúa Modesto Brocos, nº 7 , 3º bloque (baixo).

Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Emigrantes retornados e inmigrantes. Terán preferencia para participar neste Programa, aquelas persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas que presenten algún tipo de discapacidade.