Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2010
As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2010 son:
- Novas ideas empresariais categoría xeral
- Novas ideas empresariais promovidas por mulleres
- Novas ideas empresariais promovidas pola xuventude
- Novas ideas empresariais categoría Autoemprego
- Novas ideas empresariais Comercio-Turismo
- Novas ideas empresariais Industria-Servizos para empresas
As persoas interesadas poderán inscribirse mediante unha instancia (que se poderá descargar, xunto ás bases, ao laod desta información)dirixida á Oficina de Promoción Económica. Presentaranse debidamente cubertas, en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago, xunto á documentación especificada nas bases.
Esta documentación incluirá un plano de empresa. Para a presentación de solicitudes e para a elaboración do plano, as persoas interesadas poden contar co Servizo de Apoio á Empresa, concretamente co Servizo de Asesoramento ao Emprendemento da Oficina de Promoción Económica. Establécese un prazo de 15 días como tempo mínimo necesario para obter un debido asesoramento na elaboración do plano de empresa.