• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Inglés para a atención de persoas estranxeiras

Entre o 12 e o 28 de abril está aberto o prazo para inscribirse na primeira edición do curso Inglés para a atención de persoas estranxeiras, destinado a persoas propietarias ou traballadoras en estabelecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Santiago.

Inglés para a atención de persoas estranxeiras consta de dúas edicións, que ofertan un total de 16 prazas, 8 por edición. Cada unha delas contará con 40 horas lectivas. Cada persoa beneficiaria recibirá formación personalizada e adaptada ao seu propio negocio, con vocabulario específico.

Documentación requerida

As persoas interesadas en Inglés para a atención de persoas estanxeiras poden presentar a solicitude de inscrición, debidamente cuberta, en calquera dos rexistros do Concello de Santiago de Compostela: rúa do Presidente Salvador Allende, número 4; Centro Sociocultural do Ensanche situado na rúa Frei Rosendo Salvado, números 14-16; e Centro Sociocultural de Fontiñas, localizado na rúa Berlín, número 13.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Inglés para a atención de persoas estranxeiras está destinado a persoas propietarias ou traballadoras en estabelecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Santiago