• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concello de Santiago de Compostela

Acordo con data do 25/08/2025 da Xunta de Gobierno Local do Concello de Santiago de Compostela
polo que se aproban as bases reguladoras da CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A APOIAR As EMPRESAS
DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Establécense as bases reguladoras das “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa,
sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido
na Lei de Economía Social de Galicia.

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria.

Documentación requerida

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1. Alta no réxime de Seguridade Social ou Mutua profesional, elixido dos socios das persoas solicitantes.

2. Certificado de situación censual actual da AEAT. Deberá constar epígrafe da actividade, data de alta, e domicilio da actividade.

3. Escritura de constitución e/ou posteriores modificacións, da sociedade ou cooperativa, ou sociedade laboral, no seu caso.

4. NIF/CIF da empresa.

5. DNI da persoa que ostente a representación da sociedade e documento que acredite dita representación.

6. Orixinal ou fotocopia compulsada do poder suficiente outorgado para a tramitación desta axuda a un terceiro por representante da empresa, así como DNI da persoa á que se lle outorga representación no caso de ter delegada a un terceiro alleo á empresa a tramitación da solicitude de axuda.

7. Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas, durante o tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes ou entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións (Anexo I) .

8. Unha Memoria que conteña toda a información relativa á actividade económica da empresa, útil para a súa valoración de acordo con o baremo establecido, e que recolla a seguinte información:

Ø Breve historia da empresa.

Ø Actividade da empresa: Epígrafes IAE, produtos ou servizos para a venda.

Ø Tipo de empresa de economía social (sociedade laboral, centro especial de emprego, ou clase de cooperativa).

Ø Tamaño da empresa: En función da definición de microempresa, pequena e mediana empresa da UE, deberase indicar o tamaño da empresa (persoal, facturación, balance)

Ø Persoas que conforman a empresa: socias traballadoras, de clase xeral, asalariadas, así como a estrutura e organigrama da empresa. Especial mención ao emprego feminino.

Ø Uso do idioma galego na actividade da empresa.

Ø Outras informacións de interese, como o uso de TIC, actividades de internacionalización da empresa, etc.

Ø Orzamento de gastos subvencionables. A extensión da memoria será de sete páxinas como máximo.

9. Calquera outra documentación que se estime necesaria para a baremación do expediente.

Documentación para a xustificación:

  1. Facturas, nóminas, etc. dos gastos subvencionables. As facturas deberán reunir, en todo caso, os requisitos previstos no Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, modificado polo Real Decreto 828/2013, do 25 de outubro e, no seu caso, coas particularidades previstas no artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o valor engadido, respecto das exencións en operacións interiores. Concretamente: número de factura, data de expedición, obxecto do pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emite a factura número de identificación fiscal do que expide a factura, e o domicilio de ambos.
  2. Xustificantes de pagamento das facturas presentadas, para acreditar o seu pagamento presentarase xustificante e/ou certificación bancaria na que poida identificarse claramente conta e entidade que realiza o pagamento, conta e entidade que recibe o pagamento, data do pagamento e importe.

 

OUTRA INFORMACIÓN:

 

Consulte as bases completas da convocatoria na web da Base de Datos Nacional de Subvenciones:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias).

Anexos dispoñibles na páxina web do CERSIA Empresa www. cersiaempresa. gal :

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, e empresas de inserción (definida como tal segundo o establecido na Lei de economía Social de Galicia)

 

Requisitos

- Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2025 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria.

- Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela en a que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.

- Ter a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago.

- Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública