• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN DE MISIONS COMERCIAIS DAS PEMES 2023

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O obxectivo principal deste plan é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As actuacións que engloban o Plan están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Documentación requerida

Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, as entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do proxecto para o cal solicita a subvención e o orzamento de gastos a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberase xuntar como documento a este formulario electrónico a convocatoria para a selección das pemes segundo o modelo do anexo VI.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Serán beneficiarios as empresas que cumpran os requisitos especificados na resolución.

 

Serán interesados, para os efectos destas axudas, as entidades colaboradoras: As cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

As entidades colaboradoras serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións.

Serán, polo tanto, funcións das entidades colaboradoras:

a) Programar, organizar e realizar as accións.

b) Acompañar as pemes participantes na acción en calidade de apoio técnico en destino.

c) Promover a participación das pemes galegas.

d) Realizar ante o Igape os trámites para solicitar a axuda.

e) Comprobar que as empresas que soliciten participar na acción cumpren os requisitos do artigo 8 destas bases para seren beneficiarias da axuda.

f) Convocar a acción.

g) Realizar o proceso de selección das empresas que soliciten participar na acción.

h) Emitir unha acta de selección de empresas e comunicar ao Igape as empresas seleccionadas para cada acción.

i) Notificar ás empresas participantes a axuda concedida emitindo o correspondente documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). j) Xustificar a axuda ante o Igape.

Requisitos

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan domicilio social e algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Os beneficiarios deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais e, como mínimo, cunha páxina web con versión en inglés. e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para seren beneficiarios da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

f) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014), e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

g) Que estean ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.

h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo para poder optar á subvención, no caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa tanto directa como indirecta na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros do órgano de goberno, directivos ou xestores.