CURSO AXENDA URBANA 2030 PARA AXENTES SOCIOECONÓMICOS
O Concello de Santiago propón ao persoal dos axentes socioeconómicos implicados no proceso de construción da Axenda Urbana 2030, a realización dun curso que aborda a temática das axendas urbanas.
Trátase dunha acción de auto formación de 40 horas, na que atoparedes material para desenvolver as vosas competencias profesionais e profundar nos asuntos que máis vos interesen. Auto formación non quere dicir que deixemos en moodle unha serie de documentos para que vos traballedes pola vosa conta en absoluta soidade. O curso estará teorizado e contaredes con apoio externo para abordar as lecturas, os traballos persoais propostos e mesmo os procesos de auto avaliación. Queremos que vos aproximedes e entusiasmedes cos procesos de elaboración e xestión das axendas urbanas.
Dende ou punto de vista do que son os seus contidos, atópanse repartidos en seis bloques:
O DESENVOLVEMENTO URBANO EN EUROPA E O PERÍODO DE PROGRAMACIÓN 2021-2027
A AXENDA URBANA ESPAÑOLA
O PROCESO DE ELABORACIÓN DA AXENDA URBANA
A POSTA EN MARCHA DUNHA AXENDA URBANA: A NOVA GOBERNANZA
A AVALIACIÓN DUNHA AXENDA URBANA
No documento adxunto ("Programa curso Axenda Urbana") poderedes ver o detalle dos contidos que se abordarán.
Que se pretende con este curso?
- Dar a coñecer ao persoal dos axentes socioeconómicos implicados no proceso de construción da Axenda Urbana 2030 os aspectos dun novo escenario, derivado das axendas internacionais, que ofrecen novas oportunidades ás cidades
- Transmitir a importancia da implicación das EELL no desenvolvemento das axendas urbanas e no logro das metas dos ODS
- Coñecer o enfoque do desenvolvemento urbano en Europa, así como os mecanismos e marcos de financiamento do período 2021-2027
- Coñecer os contidos básicos da axenda urbana española
- Coñecer o proceso de elaboración e posta en marcha dunha axenda urbana e dun plan estratéxico de acción local
Non se require documentación.
Hai que cubrir a folla de solicitude de inscrición para o curso e enviala ao correo electrónico:
cersia@santiagodecompostela.gal
Curso on line con data de inicio en 15 de marzo e data de peche 16 de maio.
A listaxe de admitidos publicarase na páxina do Cersia en data 8 de marzo.
Para calquera dúbida enviar correo electrónico a: cersia@santiagodecompostela.gal
O Concello de Santiago propón ao persoal dos axentes socioeconómicos implicados no proceso de construción da Axenda Urbana 2030.