• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións por mor da situación de baixa médica da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que "o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para avanzar cara o modelo produtivo e laboral que queremos, e para facelo da man e de maneira colaborativa entre todos os axentes implicados, comezando polo propio Concello". Nese sentido, Duro agradeceu o compromiso de todas as entidades asinantes "cun documento que pón o foco nos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades para o acceso e o mantemento do emprego".

Etiquetas:
novas , emprego , promoción económica

Esta mañá quedou constituída a comisión interinstitucional que fará un seguimento trimestral dos avances nos diferentes ámbitos de actuación establecidos no Protocolo de colaboración asinado polo Concello e a Universidade de Santiago. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o reitor da USC, Antonio López, presidiron esta primeira xuntanza formal na que se marcaron as prioridades para os próximos meses e se deu luz verde á creación de grupos de traballo que avanzarán en cuestións concretas relacionadas co urbanismo e no desenvolvemento de prácticas profesionais na administración municipal para o alumnado universitario.

Etiquetas:
novas , colaboración , Concello Santiago , Universidade de Santiago , Comisión de Seguimento , mobilidade

Santiago será unha das catro cidades do Estado que acollan o programa de formación de Marketing dixital e Cooperativismo organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial, grazas á colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos e totalmente de balde, desenvolveráse no Cersia ata o mes de xullo. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa formativo, nunha rolda de prensa na que a Fundación Paideia estivo representada por Juan Soriano e Fabiola Seoane.

Etiquetas:
novas , curso , marketing dixital , cooperativismo , Fundación Paideia , formación , mozos , Desempredgadas/os

El Ministerio de Trabajo y Economía Social, a través de la Secretaría de Estado de Economía Social, aprueba la convocatoria de ayudas del Plan Integral de Impulso a la Economía Social para los años 2024 y 2025.Esta convocatoria, busca facilitar el acceso a la misma, en primer lugar, mediante la publicación de una orden de bases diferenciada: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2023-17240.

Etiquetas:
novas , Economía Social , economía , esocial_convocatorias

A concellaría de Promoción Económica vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, con 22 entidades beneficiarias. En total, vanse repartir 110.000 euros.

Etiquetas:
novas , axudas , economia_social , entidades , subvencións

Unha ducia de empresas de Santiago foron recoñecidas hoxe cos II Premios de Excelencia Empresarial convocados polo Concello de Santiago. Os galardóns foron entregados esta tarde nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, que estivo presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas.

Etiquetas:
novas , premios , excelencia empresarial , "Concello de Santiago de Compostela "

A Xunta de Goberno local deu luz verde á participación do Concello de Santiago na segunda convocatoria de subvencións lanzada polo PERTE de dixitalización do ciclo da agua dentro do Plan de Resiliencia, co proxecto "Xestión intelixente do ciclo urbano da auga de Santiago de Compostela - SMARTiAuGA". Este proxecto, que conta cun orzamento de preto de 4 millón de euros, permitirá a modernización e a mellora da eficiencia na xestión da auga no municipio.

Etiquetas:
novas , SMARTiAuGA , plan de recuperación , transformación

FAISE PÚBLICO LISTADO PERSOAS GAÑADORAS BUZÓNS VITAMINA B COMPRA NO TEU BARRIO:

Etiquetas:
novas , listado , Sar , Cersia , Santa Marta , premios , Vitamina B

Investors day: coñece o que os inversores buscan!

Aproveita esta ocasión para escoitar, de primeria man, as claves e consellos das distintas fontes de financiamento para o teu proxecto
 

Etiquetas:
novas , emprendemento , investimento , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA

People Analytics: ver máis, ver diferente, ver mellor

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking. emprendemento , SACYR