'Decide o consumidor ou a intelixencia artificial? Turismo e alimentación'
ATA QUE PUNTO AS FERRAMENTAS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL E OS ALGORITMOS INTERVEÑEN NA TÚA DECISIÓN DE COMPRA?
O Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago acollerá o próximo 28 de novembro unha xornada organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), baixo o tema "Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación”. Este evento busca descubrir e debater o papel crecente da IA nos procesos de decisión de compra das persoas consumidoras, cunha atención especial aos sectores do turismo e a alimentación, fundamentais para a economía galega.
A sesión reunirá a expertos de referencia en tecnoloxía, turismo e alimentación para analizar ata que punto as ferramentas de IA e os algoritmos inflúen nas eleccións dos consumidores. A través de presentacións e debates, abordarase o impacto da IA, desde o desenvolvemento de novas tecnoloxías ata a súa aplicación en procesos produtivos, transformación, loxística e comercialización.
Aberta tanto a profesionais como ao público xeral, a xornada promete ser unha oportunidade única para comprender como estas tecnoloxías avanzadas afectan a vida diaria e as decisións de consumo.
Patrocinada pola Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración de entidades como Gadisa e Telefónica, a entrada é gratuíta, destacando o compromiso da UCGAL con fomentar unha comprensión máis ampla sobre a IA entre os consumidores galegos.
Non deixes pasar este evento, lembra que a inscrición é gratuíta
Para máis información:
rebeca@abeluria.coop
636792073