O Foro Talentia reivindica a innovación como ferramenta para construír un futuro máis sostible
O Foro reuniu esta tarde a ducias de persoas, nun evento que é unha das patas do Talentia Summit, xunto coa Feira virtual de emprego que se prologará ata o próximo día 15. No seu discurso de apertura, a alcaldesa de Santiago salientou a importancia de Talentia como “un espazo para preguntarse como logramos que os avances tecnolóxicos sexan inclusivos e como crear políticas que promovan unha traisición xusta para todas as persoas cara o futuro dixital”.