• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

María Rozas reivindica “unha economía ao servizo das persoas e do planeta” na inauguración da VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela

A Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela celébrase na Facultade de Química, e nesta edición pon o foco na saúde e no benestar das persoas. Para iso, na xornada participan mulleres emprendedoras, investigadoras, profesionais da saúde, divulgadoras; mulleres que loitan no día a día por constituír unha sociedade mais xusta e cun modelo económico que integre no seu ADN verdadeiros valores feministas. Tamén estarán representadas entidades comprometidas co coidado das persoas e con principios de igualdade, xustiza social e feminismo

A sexta edición do programa Argos premia un proxecto de avaliación do benestar animal e unha proposta de cultivo e transformación de Arnica

A convocatoria contemplaba dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha: Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.