A campaña de verán xerará 1.500.000 empregos, segundo Adecco
Adecco cre que os sectores do turismo e a hostalería seguirán sendo os maiores xeradores de emprego entre os meses de xuño e setembro. Así pois, non é de estrañar que durante o próximo verán os postos de traballo máis demandados vaian ser os cociñeiros e as cociñeiras, os axudantes e as axudantas de cociña, os camareiros e as camareiras, axentes de viaxes, camareiros e camareiras de piso, monitores e monitoras de tempo libre e socorristas.