Patentan un material biodegradable para a recuperación de chans queimados
Segundo indican os expertos, os custos de execución supoñen unha redución do 40% respecto da construción con outros restos vexetais. Ademais, durante os ensaios obtívose maior rendemento de instalación chegando á colocación das placas a un ritmo de case unha hectárea por persoa e día, moi superior á montaxe doutras estruturas.