• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello destina tres millóns de euros ao fomento da inserción laboral en sectores estratéxicos a través do programa Minerva

Oproxecto está dirixido de maneira prioritaria aos colectivos vulnerables e con maiores dificultades de inserción, isto é, as mulleres, as persoas paradas de longa duración, inmigrantes, persoas con discapacidades e menores de 30 anos. A tenenta de alcaldesa sinalou que “cumprimos así o obxectivo fixado no V Pacto Local polo Emprego asinado a comezos de 2024, e respondemos á realidade laboral, na que os menores e as mulleres presentan taxas de desemprego máis altas e empregos de peor calidade”.