Luz verde ás axudas no ámbito cultural para as asociacións e para actividades do sector profesional
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a concesión de subvencións a seis asociacións culturais por un total de 24.146,74 euros. As entidades beneficiarias foron: a Nova Escola Galega con 5.000 euros, a Asociación Merenda creativa con 3.696 euros, a Asociación medioambiental e cultural A pedra que fala con 1.450,74 euros, a Asociación Cultural Barriga Verde con 5.000 euros, a Federación galega de Bandas de música populares con 5.000 euros e a Asociación deportivo cultural Capoeira Angola con 4.000 euros.