Ferramentas tradicionais de xestión social
O que hoxe chamamos economía cíclica ou circular fai miles de anos que a inventaron as comunidades campesiñas. Vémolo claramente na xestión das unidades produtivas, que integraban agricultura e gandería e pechaban os ciclos enerxéticos. Mentres na gandería industrial as deposicións dos animais son un problema difícil de xestionar, na leira é o ingrediente máxico para devolver fertilidade á terra.