• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

En marcha o proxecto piloto que prestará asistencia á cidadanía á hora de realizar trámites na sede electrónica do Concello

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo presentou esta mañá nas dependencias da Concellería de Medio Rural un proxecto piloto de asistencia remota á cidadanía para facilitar o uso da Administración Electrónica. Desenvolvido polo Departamento municipal de Modernización da Administración Local que dirixe a concelleira Marta Abal, o obxectivo deste novo servizo é achegarse á cidadanía con máis dificultades para acceder aos servizos en liña e loitar así contra a fenda dixital.