• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PROFESIONAIS DA CREACION LITERARIA GALEGA EN RESIDENCIAS LITERARIAS FORA DE GALICIA

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia (código de procedemento CT215D).

AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvención a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas e que conten, tamén antes da citada data, cun departamento de edición en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).

Santiago e Braga estreitan lazos cun irmandamento

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a ceremonia na que o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo e o seu homólogo bracarense, Ricardo Rio, formalizaron un convenio de irmandamento entre Santiago e Braga. O acto contou coa presenza de Sameiro Araújo, vicepresidente da Câmara; os vereadores Olga Pereira, Barbara Barros, Artur Feio e Silvia Sousa, así como representantes da Igrexa, da Universidade e do mundo empresarial da vila portuguesa.