• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria dos Bonos Corazón Compostela 2025, de maneira que os establecementos comerciais e hostaleiros interesados en adherirse á campaña poderán facelo a partir do mércores, día 14. Dous días despois, o 16 de maio, abrirá o prazo para a descarga dos bonos.

Etiquetas:
consumo, bonos, Axudas, comercio, compostela, novas

A Unión de Cooperativas Espazocoop, en colaboración co Concello de Santiago, pon en marcha un Programa de Formación Especializada de Cooperativas, co obxectivo de contribuir á consolidación das empresas de economía social e divulgar o seu labor. Haberá tres cursos especializados, con inscrición gratuíta.

Etiquetas:
novas, Economía Social, economía, Formación, cooperativas

Goretti Sanmartín compareceu acompañada polos concelleiros de Convivencia e Seguridade Cidadá, Xan Duro, e de Servizos Básicos, Xesús Domínguez, para dar conta da volta á normalidade do municipio tras o apagón e do operativo creado para responder á falta de subministración eléctrica durante unhas 18 horas. A alcaldesa salientou o esforzo dos servizos municipais, o comportamento exemplar da veciñanza, e o papel esencial do comercio e da hostalería de proximidade.

Santiago volve á normalidade tras o apagón xeralizado sufrido no día de onte que se saldou sen grandes incidencias.  “Podemos parabenizarnos do civismo e a tranquilidade da poboación, á que temos que agradecer a normalidade coa que discorreron estas longas horas sen subministración eléctrica”, subliñou a alcaldesa, que presidiu un gabinete de emerxencia coas concellarías de Servizos, Seguridade, Educación, Servizos Sociais e de Réxime Interior unha vez confirmada a noticia “de que se trataba dun corte de subministración importante, que podía ter consecuencias no funcionamento dos servizos”. Sanmartín tamén salientou que se mantivo en contacto tanto coa Delegación e Subdelegación do Goberno como coa Xunta de Galicia e tamén coa comisaria de Santiago, Nuria Palacios, “a quen lle agradecemos toda a dispoñilidade e colaboración”.

Etiquetas:
novas nº(1), civismo, cidadanía, cidadán, cidadana

Goretti Sanmartín e María Rozas visitaron a nova sede de EspazoCoop, unhas instalacións compartidas con outras entidades como a Coordinadora Galega de ONGDs, Banca Ética Fiare, Coop57 e a Rede Galega contra Pobreza

Etiquetas:
novas, Economía Social, programa_eco_social, promoción económica

A campaña "12 Comercios, 12 Sensibilidades" chega en abril á tenda de alimentación D´Aldea, que hoxe recibiu a visita da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. O establecemento colabora con Abeiratúa, unha asociación dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con cancro a través do exercicio físico e o apoio integral.

Etiquetas:
novas, comercio xusto, comercio, promoción económica, economia_social

O departamento de Comercio convocará este ano dúas campañas do programa Bonos Corazón, a primeira delas no próximo mes de maio. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que “atendemos así unha demanda do sector, co obxectivo de dinamizar o comercio nas dúas épocas do ano nas que adoitan baixar as vendas”. A segunda fase do programa volverá ser en outubro.

Etiquetas:
novas, bonos, "Concello de Santiago de Compostela ", comercio

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, participou no acto de entrega dos VII Premios CEGASAL a administracións, empresas, e profesionais dos medios de comunicación que demostraron un fime compromiso coa inclusión laboral das persoas con discapacidade e cos Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro.

Etiquetas:
novas, Economía Social, economia_social, economía

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este martes o Plan de acción integral (PAI) Horizonte Compostela co que o Concello aspira a captar fondos europeos Feder da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) para proxectos de transformación cruciais no norte da cidade. Santiago aspira a un máximo de 20 millóns de euros, dos cales 12 (o 60%) serían a parte da axuda europea e os 8 millóns restantes cofinanciamento municipal. O plan inclúe tres grandes proxectos co foco posto na sustentabilidade, a accesibilidade e a inclusión, que buscan impulsar unha das zonas menos favorecidas da cidade. Na rolda de prensa, a alcaldesa estivo acompañada da primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas.

O PAI Horizonte Compostela inclúe 13 actuacións concretas integradas en tres proxectos e nunha estratexia global que busca “crear sinerxías entre os distintos elementos, facendo que haxa unha especie de cosmos particular cunha intervención integral”, defendeu a rexedora. O primeiro, Santiago transforma, enfócase na creación de novos equipamentos sociais, culturais e deportivos e na vivenda dotacional; o segundo, Santiago Accesible, oriéntase á accesibilidade urbana, desde un punto de vista integral; e o terceiro, Santiago Resiliente, céntrase na adaptación ao cambio climático. 

Etiquetas:
novas, Concello Santiago, fondos europeos, Concellaría de Capital Cultural

O Concello de Santiago, a través do departamento de Emprego, vai desenvolver nos próximos tres anos un ambicioso proxecto de formación para o emprego que suporá un investimento de tres millóns de euros. Trátase do programa Minerva, que vén de ser seleccionado nunha convocatoria de subvencións do Ministerio de Administracións Públicas e recibirá unha achega de fondos europeos de 1,8 millóns de euros. A tenenta de alcaldesa María Rozas deu hoxe os detalles deste proxecto, que chegará a case mil persoas a través de 60 itinerarios formativos distintos.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude presentou hoxe os detalles do programa Minerva, que o departamento de Emprego presentou á convocatoria do Ministerio de Administracións Públicas para proxectos de formación para o emprego promovidos por entidades locais, con cargo ao Fondo Social Europeo. María Rozas salientou que a proposta de Santiag foi a segunda mellor valorada na súa categoría nesta convocatoria.

Etiquetas:
novas, programa_plans_especificos, minerva, emprego, emprendizaxe

Os grupos que conforman o goberno de Santiago de Compostela, Bloque Nacionalista Galego e Compostela Aberta, e o Grupo Municipal Socialista asinaron este martes un acordo para a aprobación dos orzamentos de 2025, unhas contas que, logo da correspondente tramitación terán que ser sometidas ao Pleno para a súa aprobación inicial. A sinatura estivo encabezada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, xunto coa primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, e o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gonzalo Muíños, e tivo lugar no salón verde do Pazo de Raxoi.

O goberno de Santiago destaca a importancia de chegar a un acordo polo interese xeral da veciñanza. Un orzamento “enfocado ás necesidades reais de Compostela, ambiocioso mais equilibrado e na liña de modernizar a administración, de facela máis eficaz e de prestar servizos de calidade”.

Etiquetas:
novas, orzamentos, "Concello de Santiago de Compostela ", presupostos, 2025