• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada técnica sobre estratexias de apoio á industria 4.0

Abordar as estratexias de apoio á Industria 4.0 e as novas oportunidades asociadas á nova industria son os obxectivos da xornada técnica que se desenvolverá o próximo luns, 16 de xullo, ás 09:00, no Edificio Cinc da Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela. O encontro está organizado polo Igape coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN). A xornada incluirá unha mesa redonda sobre as experiencias rexionais de "Digital Innovation Hubs" e relatorios sobre as axudas que no ámbito da Industria 4.0 activarán o Igape e Gain durante o segundo semestre deste ano.

PROGRAMA

// 9.00 h Café benvida

// 9.30 h Presentación da xornada
Patricia Argerey, Directora Xeral da GAIN
Juan Manuel Cividanes, Director Xeral do IGAPE

// 9.40 h Mesa redonda: Experiencias rexionais de “Digital Innovation Hubs”
CEA List – Gregorio Ameyugo (moderador)
TNO Strategy & Policy – Maurits Butter
Instituto de desarrollo del Principado de Asturias – Jaime Fernández

// 10.30 h Convocatorias da Xunta de Galicia (2º semestre 2018)
GAIN – Teresa Bernal
IGAPE – José Manuel Fernández

// 11.00 h Resumen e conclusións
Conselleiro de Economía Emprego e Industria Francisco José Conde López

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición