III edición da aceleradora Business Factory Auto
Actualmente atópase aberta a III edición da aceleradora especializada en automoción Business Factory Auto (BFA). O obxectivo desta iniciativa de carácter vertical, é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.
Nesta convocatoria, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Grupo PSA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Activo S.C.R., seleccionaranse, na fase de aceleración, ata 10 proxectos que recibirán un apoio económico de 25.000 euros de axuda a fondo perdido concedida por GAIN e 100.000 euros en préstamos participativos (50.000 euros a través de XesGalicia e 50.000 euros a través de Vigo Activo).