Inside the Lab: evento de demostracións tecnolóxicas
Inside the Lab: selección de demostracións destinadas a presentar os últimos resultados científicos do CiTIUS, nun grao de desenvolvemento axeitado para a súa transferencia á industria e á sociedade.
Lugar: CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela)
Data: venres 6 de xullo.
Horario: entre as 10h00 e as 14h00.
Na cuarta edición do Inside the Lab atoparás un conxunto de demostracións dos últimos resultados científicos con aplicación en múltiples sectores industriais. Será unha xornada de encontro entre os investigadores e as investigadoras do CiTIUS e as empresas, administracións e outras organizacións do tecido produtivo.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición