Programa formativo gratuíto Medrando Xuntas
Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
Ademais, como novidade incorporarase un foro participativo coas alumnas de ambas as dúas promocións, un espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no mundo da economía social e as ferramentas e estratexias para aproveitalas, que terá lugar no último trimestre do ano.