Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.
Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.