Bioalmorzo "Estudos de mercado primarios para o sector de ciencias da saúde"
Analizar o mercado antes de tomar unha decisión crave ou realizar un investimento é, sen dúbida, un dos primeiros pasos que se deben dar. Normalmente o mercado analízase a través de publicacións pre-existentes, bases de datos de referencia e información online, é dicir a través de estudos de mercado secundarios. Con todo, non se ha de perder de vista ao usuario final (prescritor, paciente, representante da industria…), ou ao pagador/decisor (xerencia hospitalaria, aseguradora, goberno,…) e resulta necesario tamén solicitar información de primeira man destes axentes a través de estudos de mercado primarios. Isto permitiranos ter unha idea fiable e analítica sobre se o noso negocio ou produto teñen cabida no mercado.
Durante a charla do día 23 de maio falaremos de como se seleccionan aos expertos para participar nos estudos primarios, como se recrutan e como ser realizan os estudos primarios. Tamén falaremos do tipo de estudos que se adecúan mellor ás necesidades dos diferentes clientes, ben sexan OTTs, VCs, startups, ou empresas farma, biotech ou medtech.