• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada Técnica. Estados Unidos: cómo facer negocio e a súa fiscalidade

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE e dentro do programa Interreg España - Portugal, ECICII+1E, convoca o seminario "ESTADOS UNIDOS: cómo facer negocio e a súa fiscalidade", dirixido a empresas da Eurorregión Galicia - Norte de Portugal.

Data: 04 de xuño de 2018
Horarios:
de 9:15 a 14:00 h. Salón de actos. Edificio SERGAS, San Lázaro.
de 16:00 a 19:00 h. Salón de cursos. Edificio IGAPE. San Lázaro.

En horario de tarde abordaránse os requisitos para a exportacion de producto agroalimentario, FDA.

O obxectivo é achegarlles ás empresas galegas e portuguesas información sobre a fiscalidade nos Estados Unidos e como facer negocios nese mercado, así como as barrreiras que os empresarios poden atopar e os instrumentos ao seu dispor para aproveitar as súas participacións en feiras ou misións empresariais.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición