• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

GaliciaTIC 2018

GaliciaTIC destacou en 2017 o papel da robotización e as máquinas conectadas, para dotar dunha maior capacidade en complementar os traballos humanos e reducir o custo das operacións. Doutra banda, as cousas dixitalizadas están a tomar decisións económicas asistidas, apoiadas por tecnoloxías dixitais, e logo automatizadas. Haberá que estar moi atentos ao papel que a Intelixencia Artificial e a aprendizaxe avanzada das máquinas, xoguen no futuro dixital , e as oportunidades que ofrece a mestura dos mundos dixital e físico. Outras actividades humanas reforzadas pola dixitalización inciden na experiencia do cliente. A innovación da experiencia do cliente é a próxima fronteira, e terá gran impacto nos investimentos en produtos de bens de consumo.
Esta transformación dixital que se está levando a cabo será o eixo central de GaliciaTIC 2018, onde se analizarán as tecnoloxías, capacidades e infraestruturas que están a impulsar este cambio.

24 de maio de 2018

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia - Cidade da Cultura - Santiago 

Programa:

http://www.galiciatic.com/programa2018 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición