Aberto o prazo de solicitudes das bolsas de especialización en internacionalización empresarial
Os novos profesionais con titulación universitaria ou profesional vinculada ao mundo empresarial interesados na adquisición de competencias en materia de internacionalización poden solicitar as bolsas convocadas, a través do Igape, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de capacitar neste ámbito a 40 novos titulados.
O programa, que inclúe formación práctica conxunta en Galicia e especialización sobre o terreo en catorce destinos mundiais, facilita aos seleccionados competencias na internacionalización de empresas, ao tempo que mellora a súa empregabilidade e potencia a competividade internacional das Pemes galegas.
Requisitos dos solicitantes descritos no artigo 4 das bases reguladoras.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión. E poderán ser prorrogadas polo Igape por un máximo de ata doce meses adicionais en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivera comezado ou estivera a piques de comezar. A formación práctica levarase a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro), para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.