• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Optimización do aprovisionamento e xestión de stocks

Este curso serve como punto de partida para o desenvolvemento de plans de acción concretos que optimicen o aprovisionamento e a xestión de stocks e contribúan a unha xestión máis eficaz e eficiente da empresa.

Obxectivos:
O obxectivo deste curso é desenvolver unha serie de técnicas sinxelas que permitan aos asistentes:
- Coñecer a implicación do valor das existencias na rendibilidade da empresa
- Realizar aprovisionamentos eficaces
- Determinar o modelo de xestión de stock adecuado á súa empresa e a metodoloxía de aplicación
- Optimizar e controlar o stock
- Efectuar unha correcta clasificación operativa e funcional dos stocks
- Cuantificar os niveis de inventario
- Aprender a determinar os requirimentos e especificacións da xestión de stocks máis adecuados aos produtos e/ou servizos da súa empresa
- Implementar KPI´s e cadros de mando eficaces
- Mellorar o servizo ao cliente mediante a implementación eficiente de políticas de aprovisionamento e xestión de stock
- Incrementar a eficacia da proposta de valor da empresa desde o punto de vista da xestión de inventarios

MODALIDADE: presencial
DURACIÓN:14 horas
DATA INICIO: 21/05/2018
LUGAR DE CELEBRACIÓN: sede Feuga (Santiago de Compostela)
HORARIO: Día 21, de 09:30 a 14:30 y de 16:00 a 19:00 hs
Día 22, de 09:00 a 15:00 hs

Programa: 

1.O FLUXO DOS MATERIAIS.
2.FUNCIÓN DOS APROVISIONAMENTOS.
3.FACTORES QUE CONDICIONAN O APROVISIONAMENTO.
4.OBXECTIVOS E RESPONSABILIDADES.
5.CENTRALIZACIÓN OU DESCENTRALIZACIÓN.
6.CUMPRIMENTO DE PRAZOS.
7.FUNCIÓNS DOS STOCKS.
8.RENDIBILIDADE ECONÓMICA. RELACIÓN CO STOCK.
9.ÍNDICE DE ROTACIÓN. ÍNDICE DE COBERTURA. INTERPRETACIÓN E RELACIÓNS.
10.ANÁLISE ABC (PARETO) DE CONSUMOS, STOCKS E CRUZADO.
11.EXEMPLOS DE ÍNDICE ROTACIÓN, COBERTURA E ABC.
12.TÉCNICAS DE PREVISIÓN: MEDIAS MÓBILES, REGRESIÓNS, ALISADO EXPONENCIAL.
13.EXEMPLOS DE CÁLCULO.
14.ALMACENAMENTO: CONCEPTO E NECESIDADE. FUNCIÓNS.
15.TRATAMENTO DE OBSOLETOS E SOBRANTES.
16.XESTIÓN DE STOCKS. O SISTEMA DAS DÚAS CAIXAS.
17.CUSTOS DE TENENCIA. CUSTOS DE CARENCIA.
18.CUSTO TOTAL MÍNIMO.
19.LOTE ECONÓMICO. FÓRMULA DE WILSON. LIMITACIÓNS.
20.SISTEMAS DE REAPROVISIONAMIENTO: PUNTO DE PEDIDO, PERÍODO FIXO E COCIENTE CRÍTICO.
21.EXEMPLO DE PEDIDO CÍCLICO.
22.FACTORES QUE INCREMENTAN O STOCK.
23.A XESTIÓN DE STOCK EFICAZ.
24.SISTEMAS PARA MINIMIZAR STOCKS: J.I.T., MRP,...
25.POR QUE MANTER OS STOCKS? CAUSAS E REMEDIOS.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Responsables de planificación e inventario, seguimento de compras,… - Mandos intermedios de áreas loxísticas e operativas - Xestores de stocks e/ou aprovisionamento - Técnicos e profesionais que desenvolvan o seu labor profesional en almacéns - Persoal de recente incorporación a funcións de planificación de materiais, compras, aprovisionamentos, loxística e produción