Nova lei de contratos do sector público (Lei 9/2017, de 8 de novembro)
Esta acción formativa aborda todo o ciclo de vida do contrato administrativo desde a súa preparación, adxudicación, execución e extinción tomando como fío condutor a nova lei de contratos. Cun enfoque esencialmente práctico conectará a análise do texto legal coa casuística da xestión ordinaria de provedores de servizos, subministracións e obras das administracións públicas, facilitando a aclaración e resolución de dúbidas por parte dos asistentes.
MODALIDADE: presencial
DURACIÓN:8 horas
DATA INICIO: 24/05/2018
LUGAR DE CELEBRACIÓN: sede Feuga (Santiago de Compostela)
HORARIO: de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 hs
BLOQUE 1
Contratos do sector público. Novo marco normativo
Ámbito subxectivo e obxectivo
Delimitación tipos contractuais e duración dos contratos
Contratación pública electrónica
Novidades nas condicións de aceso e aptitude para contratar
Novidades nos procedemeentos de contratación
Impugnación e xurisdición
BLOQUE 2
Modificación e cesión dos contratos
Execución e resolución dos contratos
Especial consideración ao contrato de obras
Especial consideración ao contrato de suministro
Contrato de servizos versus concesión de servizos
Especial consideración á concesión de obras
Novidades laborais na LCSP 2017
Empresarios • Directores e persoal dos departamentos comercial, persoal e administración de calquera tipo de empresa • Profesionais liberáis • Consultores e asesores de empresa interesados en actualizar ou profundar os seus coñecementos na materia