• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Reinventar a área de compras para gañar competitividade

A inmensa maioría das empresas víronse inmersas en durísimos procesos de cambio co obxectivo de conseguir máis con menos e lograr así ser máis eficientes e máis rendibles. Os recursos víronse reducidos, os postos de traballo redeseñáronse, os custos optimizáronse, etc.
O profesional de Compras non só non é alleo a esta realidade, senón que forma parte activa do cambio. Nel recae a responsabilidade de achegar valor, desenvolver e aplicar os coñecementos e métodos máis eficientes que apoien unha maior competitividade do negocio.

Data: 23 de maio de 2018
Horario: de 9.20h a 18.30h
Lugar: Hotel Eurostars San Lázaro Avda. Casas Novoa s/n. Santiago de Compostela
Teléfono de información: 981536434

Correo-e: noroeste@apd.es

Obxectivos:
Demostrar como se pode reinventar a xestión de compras para impulsar o negocio e defender a rendibilidade.
Mostrar aos asistentes os métodos e ferramentas actualizados para unha xestión eficiente das compras que axude a defender a marxe do negocio.
Proporcionar as liñas mestras para construír un plan de desenvolvemento de compras

Programa:
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Directores e xefes de Compras • Xerentes de negocio que desempeñen funcións de Compras • Profesionais de Compras que queiran actualizar os seus coñecementos