Programa de incentivos á contratación e formación na empresa ordinaria das persoas mozas desempregadas menores de 30 anos
Facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións cunha duración inicial mínima de doce meses realizadas con persoas mozas menores de 30 anos desempregadas.Estas contratacións deben formalizarse desde o 16 de decembro e ata o 30 de setembro de 2018.
As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación.
Contías:
Bono contratación
:As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 5.000 euros por cada persoa desempregada contratada.
Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
Se a persoa incorporada é unha muller.
No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.
Bono formación:
A formación incentivarase cunha axuda de 2.000 euros por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde.