• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro aberto co sector cultural de Compostela

ENCONTRO MONOGRÁFICO SOBRE A PROMOCIÓN DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS, O FOMENTO DA INNOVACIÓN E A COLABORACIÓN CON OUTROS TERRITORIOS

24 de abril de 2018
De 19 a 20.30 h. Sala Mozart. Auditorio de Galicia

Interveñen: Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco

Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia

A Concellaría de Acción Cultural mantén aberto un foro de diálogo e traballo en común entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e cidadanía para fomentar a participación da veciñanza nas políticas culturais públicas de Santiago de Compostela e o traballo en colectivo no sector.

O segundo dos encontros abertos de 2018, pon o foco na promoción das Industrias Culturais e Creativas (ICC’S), no fomento da innovación neste eido e na procura de oportunidades de colaboración con outros territorios.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición