• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bolsas de xerencia en cooperativas

A Unión de Cooperativas Espazocoop convoca 4 bolsas de xerencia en cooperativas destinadas a persoas en desemprego con formación empresarial.
As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

Localidades das Bolsas:
- Vigo (Pontevedra)
- Salvaterra de Miño (Pontevedra)
- Ourense (Ourense)
- Arteixo (A Coruña)

Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.

Financia: Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia e Ministerio de Emprego e Seguridade Social - Goberno de España.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas, desempregadas, diplomados-as e licenciados-as en titulacións relacionadas coa xestión empresarial (Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Empresariais, Relacións Laborais, …), tamén tituladosas en Ciclos Superiores de formación profesional en especialidades relacionadas coa xestión empresarial. Perfís en sintonía coa economía cooperativa, ou con sensibilidade, predisposición e inquietude por modelos empresariais con esa orientación. Selección das persoas bolseiras: para a selección de bolseiros/as valorarase a traxectoria de estudos, coñecementos técnicos (análise económica e financeira, xestión fiscal, laboral ou contable, estratexia empresarial…), a formación e coñecementos en cooperativismo, as experiencias laborais, experiencias de carácter asociativo ou comunitario, de voluntariado, etc.