Premios á transferencia de tecnoloxia 2018
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre desde o 15 de marzo ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2018.
A primeira modalidade dos premios está dirixida a grupos científicos que desenvolvan investigación aplicada e que estean adscritos a centros tecnolóxicos ou de investigación ubicados en Galicia. Premiarase o mellor traballo de investigación aplicada do que se poidan desprender aplicacións de interese para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
A dotación do premio ascende a 6.000 euros netos, aos que se suma unha axuda de 4.000 euros netos para a formación dun membro do equipo gañador, para unha estancia de entre dous e tres meses nun centro de investigación de fóra de Galicia.
As dúas modalidades empresariais buscan os casos de éxito máis representantivos de innovación acadada a partir da transferencia de tecnoloxía.
A primeira delas vai dirixida ás pemes galegas (incluíndo as micropemes) que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto con un ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. Neste caso, a dotación do galardón ascende a 12.000 euros netos.

No caso das grandes empresas, o premio toma como referencia os mesmos méritos que se valoran nas pemes, coa diferencia de que o premio para a empresa ten carácter honorífico e o grupo de investigación percibirá 6.000 euros netos en concepto de apoio ao seu traballo no eido da transferencia de coñecemento.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición