Coñece as potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas con esta nova xornada
A Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, organiza a xornada “As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas”, unha xornada que pretende achegar oportunidades de emprendemento na economía social.
20 MARZO 2018
11:30 a 13:30h
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
OBXECTIVOS:
Achegar a economía social como un sector idóneo para impulsar proxectos culturais e creativos.
Coñecer as tendencias existentes nas industrias culturais e creativas.
Amosar experiencias de proxectos de economía social nas industrias culturais e creativas.
PROGRAMA;
11:30 INAUGURACIÓN DA XORNADA
Alba Paz Boubeta, Subdirectora xeral de Economía Social
Santiago Riande Torres. Director en EASD MESTRE MATEO
11:40 MESA REDONDA:
As industrias culturais: sector con potencial para emprender a través da economía social
Ramón Tubío, Consultor especializado en emprendemento e industrias culturais e creativas
Ana Olveira. Rede Eusumo: Axeitase a Economía social ás industrias culturais?
12:40 MESA EXPERIENCIAS
Rayados S. Coop Galega
7H S. Coop Galega
13:30 FINALIZACIÓN DA XORNADA