• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Conclusións do decimonoveno observatorio global dos mercados enerxéticos

Data de escritura

O informe destaca unha aceleración da transición enerxética, detrás da cal estarían as tecnoloxías renovables, que están a revolucionar os mercados por xunto de electricidade, o cal á súa vez está a obrigar ás grandes compañías eléctricas a redefinir as súas estratexias.

Outra das revolucións que apunta este informe ten que ver co usuario final: está a se producir "un profundo cambio no consumo enerxético, o comportamento e as expectativas dos usuarios", un cambio que quedaría patente nas tendencias de autoconsumo, na nova cultura enerxética intelixente en fogares, edificios, fábricas e cidades, e na creación de comunidades de compra ou xestión de enerxía. Conclúe que, como resultado de todo iso, a situación financeira das empresas subministradoras tradicionais atravesa tempos difíciles e anima a este perfil de compañías a acelerar os seus esforzos de transformación e aproveitar a forza da dixitalización.