Incentivos ao mantemento do cadro de persoal en pemes
Mediante a posta en marcha deste Programa de Incentivos que se materializa en axudas ao mantemento das contratacións indefinidas de pequenas, medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, preténdese fomentar o emprego estable e de calidade, así como seguir apoiando ao tecido empresarial nos municipios de menor poboación.
Cada empresa poderá solicitar como máximo a subvención para o mantemento do/a traballador/a contratado/a con carácter indefinido na convocatoria anterior (PEL PEMES 2017). A axuda cubrirá como máximo o 50% dos custes salariais totais da persoa contratada dende o momento en que finalice o período subvencionable anterior.
O Programa de Incentivos ao mantemento vai dirixido a pequenas e medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, atendendo á definición establecida pola Comisión Europea (Recomendación 2003/361/CE do 6 de maio), empresariado individual e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, que na data de publicación da convocatoria, reúnan os requisitos da base 3.